Baiona despide ao alumnado do Instituto Lycée du Pays de Retz de Pornic

O salón de plenos do Concello de Baiona acolleu o acto de despedida do alumnado do Lycée du Pays de Retz de Pornic que durante toda a semana estivo de intercambio convivindo con varias familias do municipio. A Concelleira de Cultura, Miriam Costas Iriarte, foi a encargada de darlle a despedida e facercelles entrega dun pequeño agasallo de recordo da visita á vila a cada un dos integrantes do grupo de estudantes. Ao acto tamén acudiu profesorado do instituto francés e do IES Primeiro de Marzo de Baiona.

Os franceses e francesas acudiron acompañados polo estudantado local. Os baioneses e baionesas, de entre 16 e 17 anos, estudantes de francés de 4º da ESO e de 1º de Bacharelato, estiveron hai unhas semana, do 4 ao 10 de outubro, en Pornic, e agora foi a quenda do alumnado francés en Baiona. Unha visita máis especial, se cabe, pois está enmarcada nos actos organizados polo Concello con motivo do “25 Aniversario do Irmandamento de Baiona con Pornic”.

Baiona e a localidade francesa de Pornic dan un paso máis para reforzar os seus lazos cun intercambio entre alumnado de ambas as dúas vilas. Chegaron a Baiona o 17 de outubro e durante toda a semana percorreron diferentes zonas do municpio e realizaron distintas actividades. O programa de intercambio foi impulsado e fomentado polo Concello, que colaborou co instituto baionés para que os estudantes viaxasen ata a localidade irmá.