Unha unidade móbil de doazón de sangue estará este luns en Gondomar

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // A unidade móbil de doazón de sangue en Gondomar.

Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia visitará este luns, 24 de outubro, o municipio de Gondomar. Estará situada dentro da estación de autobuses (dársena 6) en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas. Desde o 1 de agosto xa non é necesario pedir cita previa.