
“A seca non é un escenario hipotético”, afirman as voceiras de Podemos, quen inciden na necesidade de tomar medidas por parte dos Concellos para que non se repita o sucedido en 2017 e este verán, alongado ata mediados de outubro. Aínda que non é unha obriga, os equipos de goberno si deberían ter un Plan de Seca que fose elaborado de forma participativa e aberta. Desde Podemos sinalan que devandito Plan, tamén ten que regular o uso e o abastecemento da auga, sen perder de vista sobre todo, os momentos nos que aumenta considerablemente a poboación, como na época do verán.
As voceiras da formación, instan aos alcaldes de Baiona e Nigrán a tomar nota de Gondomar, onde o seu homónimo xa o redactou hai un ano, onde só solicitan a Ferreira “que o plan entre en vigor canto antes”. Podemos advirte que “a situación climática que estamos atravesando preocupa cada vez máis á cidadanía, que xa sufriu nestes últimos anos varias restricións”, por iso, os gobernos locais deben ser consecuentes e traballar poñendo todas as ferramentas necesarias para contrarrestar esta situación, creando os plans e tratando de que entren en vigor canto antes.