Nigrán colabora este sábado en Camos co seu primeiro magosto do outono

O Concello de Nigrán colabora como cada ano na celebración dos diferentes magostos nas parroquias achegando as castañas e na propia loxística. O primeiro deles será o da Comunidade de Montes de Camos este sábado 22 de outubro de 17:00 a 20:00 horas no parque das Agrileiras (merendoiro de Sanomedio) e, en caso de choiva, no xogo de bolos de Os Barreiros.