
Manifesto Miñor solicita ao Sergas que se proceda a corrixir os operativos de vacinación programados até agora para que todas aquelas persoas en idade de ser vacinadas contra o coronavirus, e no seu caso tamén contra a gripe, poidan facelo nos Centros de Saúde de referencia.
Para Antonio Araújo, o sistema escollido polo Sergas non foi o máis acertado, tendo en conta que para un segmento importante da poboación era perfectamente compatible xuntar nun mesmo acto e no propio centro de saúde a vacinación da gripe coa do coronavirus, evitándolle a moitas persoas e familias moitos problemas, por non falar da confusión das mensaxes: se non vas ao “vacunómetro” hai repesca nos centros de saúde, etc.
“O correcto é dar facilidades para que toda a poboación en idade de se vacinar poida facelo nos seus centros de saúde e nos PACs obviamente, cos reforzos de persoal que corresponda e incluso en coordinación cos demais centros de saúde da comarca, etc. Como exemplo temos o que vén acontecendo coa vacinación do pneumococo para maiores de 65 cada cinco anos, ou contra a gripe”, conclúe Araújo.