A Comunidade de Montes de Mañufe saca a concurso a cafetería do Centro Cultural

A Comunidade de Montes en Man Común de Mañufe, Gondomar, saca a concurso público o local da cafetería do Centro Cultural. O prazo de presentación das ofertas finaliza o próximo 29 de outubro ás 12:00 horas e, a continuación, procederase á apertura das mesmas.

Poderanse presentar ata ese día e hora a través de correo ordinario dirixido á Comunidade de Montes (Moreira 20 Mañufe, 36388- Gondomar), a calquera membro da xunta directiva ou ben no salón de actos da casa cultural desde as 11:30 horas do citado día 29. As cláusulas e modelo de oferta poderanse recoller no propio local da cafetería desde as 12:00 ás 20:00 horas de calquera día da semana.

Para calquera consulta, o interesado pode poñerse en contacto telefónico co presidente da entidade no 639 828 384 ou co secretario no 660 086 446.