A Xunta activa unha alerta laranxa por temporal costeiro

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Segunda da Xunta vén de activar unha alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias da Coruña e Pontevedra. Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa comezará a última hora da xornada de hoxe con vento do sur e suroeste de forza 8 e mar combinada con ondas de ata 6 metros no oeste, suroeste e noroeste da costa coruñesa e en todo o litoral de Pontevedra.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes, paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.