Un centenar de veciños uníronse á homenaxe a Jaime Cabreira en Nigrán

Un centenar de veciños uníronse ao Concello de Nigrán e o Racing Vilariño nunha pequena homenaxe póstuma a Jaime Cabreira Fernández este xoves coincidindo co que sería o 59 aniversario deste personaxe tan popular de San Pedro da Ramallosa e moi querido por toda a veciñanza de Nigrán. A presidenta do Vilariño, María Fernández, e o irmán de Jaime, Antonio Cabreira, descubriron unha placa no lavadoiro que lembrará para sempre a figura do tan querido veciño do barrio de A Cabreira e de todo Nigrán.