Curso de iniciación á informática no Liceo Marítimo de Baiona

O Liceo Marítimo de Baiona ofrece un curso de iniciación á informática. Desenvolverase os martes en dúas quendas, unha de mañá, de 10:30 a 12:00 horas, e a outra de tarde, de 19:00 a 20:30 horas, entre novembro de 2022 e abril de 2023. Os asistentes aprenderán a utilizar Windows 10, Office, Internet, Correo, Redes Sociais… As inscricións poden formalizarse nos teléfonos 673343235 e 653757614 ou no correo liceodebaiona@gmail.com. O prezo do curso é de 25 euros ao mes para os socios e de 30 euros para os non socios. Material incluído ou posibilidade de utilizar o propio portátil do alumno.