Colectivos de A Guarda, Tui, Ponteareas, Porriño, Mos e Nigrán aprenderán este venres as técnicas RCP

Con motivo da celebración do Día Mundial da Resucitación Cardiopulmonar, que se desenvolve baixo o lema “Aumentar a supervivencia da parada cardíaca é posible”, o servizo de Medicina Intensiva do Hospital Álvaro Cunqueiro organizou unha actividade informativa e formativa dirixida a diferentes colectivos, co obxecto de sensibilizarlles da relevancia e repercusións da morte súbita cardíaca e estimular a educación sanitaria entre a poboación nas técnicas de Resucitación Cardiopulmonar (RCP).

Este ano, no marco do proxecto de colaboración coa Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, instrutores da Garda Civil que han sido formados previamente por o Servicio de Medicina Intensiva, tamén participaran nestes obradoiros. Así, un total de 18 instrutores -entre profesionais sanitarios e Garda Civil- achegaranse mañá venres día 14 a seis concellos da área sanitaria para dar a coñecer a máis de 300 persoas as nocións básicas da reanimación cardiopulmonar. Os concellos serán: A Guarda, Tui, Ponteareas, Porriño, Mos, e Nigrán.

Estas sesións van dirixidas a calquera persoa interesada aínda que preferiblemente aqueles colectivos que adoitan ser os primeiros en intervir nun accidente como policía local, protección civil, etcétera.

Desde a Área Sanitaria de Vigo agradecéselle esta iniciativa aos profesionais de Medicina Intensiva, moi concienciados coa importancia e necesidade de informar e formar á poboación neste tema, e que están a realizar un esforzo para compaxinar o seu traballo asistencial coa educación en saúde á cidadanía.

Unha rápida intervención eleva a supervivencia un 40%

A principal causa de paro cardíaco, de aparición repentina e inesperada nunha persoa que aparentemente atópase en bo estado de saúde, é o infarto agudo de miocardio, que provoca una fibrilación ventricular (arritmia que ocasiona que o corazón perda a súa capacidade de contraerse de forma organizada, polo que deixa de latexar). A persoa que sufre un paro cardíaco e non é atendida rapidamente pode morrer ao cabo duns minutos.

Segundo organismos internacionais, para que a supervivencia por paro cardíaco aumente, ao redor do 20% da poboación debería estar formada en técnicas de Resucitación Cardiopulmonar.

Así pois, considerando que a supervivencia de moitas vítimas depende da Reanimación Cardiopulmonar e da desfibrilación precoz, e tendo en conta que a intervención dentro dos 3-4 primeiros minutos aumenta as posibilidades de supervivencia a máis do 40%; cómpre aumentar a porcentaxe de persoas formadas en RCP. Ademais, os primeiros minutos son fundamentais non só para a supervivencia senón para reducir as secuelas.

Neste contexto, o principal obxectivo destes obradoiros é dar a coñecer a cadea de supervivencia incidindo nos tres primeiros elos. A mensaxe é sinxela: como reiniciar un corazón en tres pasos: Comproba, que o paciente non responde e non respira; Chama, pide axuda correctamente (112 ou 061); e Comprime, inicia a masaxe cardíaca de xeito continuado e coa técnica correcta.