A Garda Civil detén ao presunto autor dunha vintena de roubos no interior de vehículos

A Garda Civil detén ao presunto autor dunha vintena de roubos cometidos no interior de vehículos en Cangas e Bueu. Trátase dun veciño de Vigo que foi notificado como presunto autor de polo menos vinte delitos de roubo que cometería nestes dous municipios. As investigacións realizadas polo Equipo de Investigación da Compañía da Garda Civil de Cangas, concluíron coa identificación do presunto autor, que resultou ser un veciño de Vigo, de 52 anos, cun amplo historial delituoso relacionado con este mesmo tipo de delitos.

Os feitos investigados cometéronse durante o pasado mes de setembro deste ano. En todos os casos trátase de roubos de efectos no interior de vehículos que estaban estacionados en garaxes comunitarios. En total esclarecéronse vinte roubos en cinco edificios, nas dúas localidades. O modus operandi consistía en romper o cristal do portelo dunha das portas cun obxecto contundente e apropiarse de todos os obxectos de valor que atopaba no seu interior. A pesar de que o valor do subtraído non é moi elevado, os danos materiais causados foron cuantiosos.

O presunto autor, foi localizado en Vigo onde se lle notificou a súa condición penal de detido como presunto autor de vinte delitos de roubo con forza nas cousas. As dilixencias instruídas, xunto co detido foron entregadas no Xulgado de Instrución de garda de Cangas.