Nigrán abre con Ditirambo Teatro os sábados de outubro con funcións no Auditorio Municipal

O Concello de Nigrán ofrece este sábado 15 de outubro no Auditorio Municipal ás 20:00 horas a obra “Apuntamentos para un magnicidio” da compañía coruñesa Ditirambo Teatro. A función abre o Fegateatro dos sábados de outubro no consistorio, así, as seguintes representacións serán o sábado 22 con Hipócrita Teatro e o sábado 29 con Caracha na Cacha. O convenio con Fegatea continuará no mes de decembro. A entrada é sempre de balde ata completarse o aforo.