Baiona informa da apertura do prazo para participar no programa “Benestar en Balnearios”

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Servizos Sociais, informa da apertura do prazo para solicitar o programa “Benestar en Balnearios” para maiores de 60 anos ou pensionistas maiores de 55 anos e acompañante, se se desexa (pódense solicitar dúas prazas máximo por persoa). Estancias de 10 días en réxime de pensión completa (aloxamento, almorzo, comida e cea) a escoller entre 15 balnearios de Galicia en varias quendas, nos meses de novembro e decembro de 2022.

O prazo para solicitalo estará aberto ata o próximo 24 de outubro. As persoas interesadas en participar poderán recoller os impresos da súa solicitude no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Baiona, de luns a venres en horario de 9 a 14 horas. Deberán rexistrar dita solicitude por rexistro de entrada do Concello de Baiona no mesmo horario. Máis información chamando ao teléfono 986 38 59 26. Tamén se pode tramitar directamente a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia.