Detidas 5 persoas por tráfico de drogas no Salnés

A madrugada do pasado 5 outubro, levouse a cabo de forma conxunta pola Garda Civil (Edoa Pontevedra e Edoa Coruña) e Corpo Nacional de Policía (UDYCO Pontevedra), dez entradas e rexistros nas localidades de Vilanova de Arousa, Cambados, Sanxenxo e Pontecesures. Con elas procédese á detención de cinco persoas por tráfico de drogas e pertenza a grupo criminal. A investigación iníciase a mediados do ano 2021, cando as unidades policiais teñen coñecemento da existencia dun grupo criminal perfectamente estruturado, o cal se dedica á venda de substancias estupefacientes na comarca do Salnés e localidades limítrofes.

Para iso, este grupo contaba cun lugar para a almacenaxe, manipulación e posterior distribución das substancias estupefacientes que o xefe do grupo adquiría. Atopábase situado na localidade de Vilanova de Arousa, parroquia de Pantrigueira, lugar de difícil acceso, que complicou os labores de investigación. Finalmente lógrase identificar a todos os seus integrantes, así como o seu modus operandi e forma de actuar, obtendo indicios sólidos da súa participación na actividade delituosa investigada. Unha vez solicitada e autorizada xudicialmente lévase a cabo a explotación da operación HEROIN BROWN-TURACO-VIEIRADOS, durante a madrugada do día 5 de outubro de 2022.

Establécese un dispositivo policial formado por máis de 100 axentes (composto por GRS 7 e USECIC da Garda Civil de Pontevedra, e UIP’s de Policía Nacional), coa finalidade de levar a cabo as entradas e rexistros, así como asegurar as probas do delito e proceder á detención dos seus integrantes. Durante a práctica das dilixencias de entrada e rexistro, procédese á detención de cinco persoas, de nacionalidade española e residentes todos eles na comarca do Salnés, á vez que se interviñeron os seguintes efectos: 1,410 Quilogramos de cocaína; 30 gramos de heroína; 1000 gramos de substancias de corte; 80.000 euros; 5 vehículos de alta gama; diversos efectos informáticos e telefónicos.

A investigación é dirixida polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº2 de Vilagarcía de Arousa, continúa aberta e espéranse novas detencións nos próximos días. Os detidos pasaron a disposición xudicial o pasado venres, e dúas deles ingresan en prisión.