Baiona convoca un grupo de traballo de cara á manifestación feminista do 20S

Dende a Concellería de Igualdade de Baiona convocan a toda a veciñanza o vindeiro martes 17, a un grupo de traballo que terá lugar no Multiusos Ángel Bedriñana, para elaborar material que será utilizado na manifestación do venres 20 de setembro: Emerxencia Feminista. A idea do grupo de traballo é facer protectores violetas para candeas e carteis, ao mesmo tempo é una oportunidade para activar o movemento social e implicar á veciñanza nos acontecementos da Vila. Por desgraza esta cita volve darse por mor da violencia machista que se viu incrementada este verán, acadando unas cifras desgarradoras. Sairán a rúa para reclamar máis medidas para a loita contra a violencia de xénero. Queda evidenciado que as que existen non son suficientes.

Anuncios