Nigrán ofrece o obradoiro creativo “Aprende Inglés con Clover”

O Concello de Nigrán, a través da Biblioteca Municipal, remata este venres 7 de outubro o seu ciclo de contacontos infantís a través do programa de dinamización á lectura “Ler conta Moito”. Así, ás 18:00 horas no Auditorio Municipal Beatriz Cabaleiro ofrecerá “Aprende Inglés con Clover”, un obradoiro creativo para nenos e nenas de 6 a 10 anos cunha duración de 75 minutos. Clover é unha porquiña norirlandesa que acaba de chegar ao equipo de baloncesto de Vila Liberdade. As súas manchiñas, coa curiosa forma do trevo, van chamar a atención das súas compañeiras e espertar as súas suspicacias. E como non hai mellor maneira de aprender que xogando e practicando, imos facer un xogo galego-inglés con Clover.