Aberto o prazo para renovar a licenza de venda ambulante no mercado de Sabarís

O Concello de Baiona informa da apertura do prazo para renovar a licenza de venda ambulante nos postos do mercado de Sabarís. As persoas titulares dos postos do tradicional mercado dos luns dispoñerán de dous meses para renovar as súas autorizacións, do 1 de outubro ao 30 de novembro. A solicitude da renovación, así como a presentación da documentación esixida na ordenanza de venda ambulante, deberán formularse durante este período.

A solicitude pódese descargar da páxina web do Concello de Baiona (www.baiona.gal). Para máis información os interesados deben poñerse en contacto no número de teléfono 986 35 67 79. As solicitudes deberán presentarse na data indicada por rexistro de entrada do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas, ou pola Sede Electrónica (www.baiona.gal).