“A formiga na barriga”, un contacontos para o público máis cativo na Biblioteca de Baiona

O mércores 5 de outubro, ás 18:00 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Baiona acollerá un contacontos para nenos e nenas de 0 a 3 anos. Contará cunha narradora excepcional, Charo Pita, para achegar aos pequenos unha historia co “cempés, alá nos pés. A tartaruga, na caluga. E a perdiz, pois… no nariz”, que se titula “A formiga na barriga”.

Rimas, historias, xogos e cancións con vitamina I de imaxinativas para ir coñecendo o corpo e toda a fauna que nos arrodea. Para participar é necesario inscribirse na Biblioteca ou no teléfono 986355943, xa que as prazas son limitadas, e cada neno/a debe de estar acompañado dun adulto durante o contacontos.

Esta actividade, totalmente gratuíta, realízase dentro do programa “Ler conta moito” da Xunta de Galicia, en cofinanciamento co Concello de Baiona.