Gondomar entrega material informático e sanitario a Avelaíña

O Concello de Gondomar entrega material informático e máscaras á “Asociación Avelaíña Saúde Mental”, nunha visita feita polo alcalde e concelleiras ás súas instalacións en Baiona para coñecer, de primeira man, as súas demandas e poder axudarlles a liquidalas. O Concello tamén asinará coa asociación un convenio de colaboración de 2.000 €, e comprométese a abrir outras vías de colaboración dentro do posible, “dado que o labor que dita asociación leva a cabo e os programas que teñen en marcha merecen todo o noso respecto e apoio. Cobren unha falla do sistema sanitario, que se non fóra por eles, ninguén o faría”, dixo Paco Ferreira, Alcalde de Gondomar.