Baiona acondiciona a área de aparcamento contigua ao cuartel da Garda Civil

O departamento de Vías e Obras do Concello de Baiona está a realizar actuacións de mellora na zona de aparcamento contigua ao cuartel da Garda Civil. Procedeuse ao formigonado da zona de aparcadoiro e á delimitación das prazas. Así mesmo, creouse unha praza de mobilidade reducida. Tamén se mellorou o acceso ás escaleiras para os veciños e veciñas.