
Este venres día 23 de setembro, ás 19:30 horas, terá lugar a presentación do libro “Arquitecturas de intermediación no Val de Miñor. Cruceiros e petos de ánimas”, da autoría de Antonio Soliño Troncoso e María Xosé Pérez González, membro e socia do IEM, na igrexa románica de Santa Baia das Donas, municipio de Gondomar. A presentación volverá a celebrarse no concello de Nigrán en lugar e data que serán oportunamente comunicados.
O libro, de 671 páxinas, ilustradas con debuxos, planos e fotografías, forma parte dunha ideada colección de CADERNOS DE ETNOGRAFÍA sobre o Val de Miñor, centrados no ámbito da arquitectura, composta por seis volumes complementarios e, á vez, autónomos entre os cales o presente se corresponde co número cinco, que non obstante sae ao mercado en primeiro lugar.