Xornada de pádel surf para cans en Baiona

Lara Martínez Educación Canina e Baybay Surf organizan este domingo 25 de setembro na Praia de Santa Marta, en Baiona, unha xornada de Pádel Can, a primeira que se celebra no Val Miñor. O evento, que conta cun total de 15 prazas, terá unha duración aproximada de dúas horas e desenvolverase entre as 11:00 e as 13:00 horas. As inscricións, cun prezo de 20 euros, poden formalizarse no teléfono 634506018 ou no correo laramartinez-adiestramientocanino@hotmail.com. É obrigatorio arnés para poder axudar ao can, correa, a poder ser de máis de 120 cm., chip desparasitacións e vacinacións ao día. Todos os tamaños de cans son benvidos. Ademais, haberá un mega sorteo entre os participantes.