Últimos días para resolver de forma gratuíta as interferencias do 5G na TDT de Baiona

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Novas Tecnoloxías, lembra á veciñanza que se está a activar a rede móbil de nova xeración en Baiona e pode producirse algún problema de visualización das canles da TDT. Infórmase á veciñanza de que de detectar algún tipo de problema na visualización das canles da TDT poden poñerse en contacto coa empresa Llega700 ata o vindeiro 30 de setembro a través do correo ayuda@llega700.es ou a través do número de atención gratuíto para a cidadanía 900 833 999. Este servizo leva dispoñible para a veciñanza dende fai meses.

Llega700 xestiona as incidencias na recepción da sinal TDT causada por activación das tecnoloxías da banda de 700 MHz de forma gratuíta para os usuarios. A tecnoloxía prestada sobre a banda de frecuencia de 700 MHz, anteriormente utilizada pola Televisión Dixital Terrestre (TDT), permite ofrecer unha mellor cobertura en interiores e a maior extensión de cobertura posible. A prestación dos servizos móbiles nesta banda pode conlevar a aparición de determinadas afectacións na recepción do sinal de TDT, debido a que se utilizaba anteriormente para o servizo de televisión.

Tras a notificación da afectación por parte dos veciños, un técnico cualificado desprazarase onde se detectou a afectación e procederá a realizar os labores de acondicionamento necesarios para liquidala. Todo iso sen custo algún para a veciñanza.