Nigrán ofrece unha excursión á Ribeira Sacra

O Concello de Nigrán ofrece este domingo 25 de setembro unha excursión á Ribeira Sacra lucense para os empadroados no municipio, independentemente da súa idade. O prezo é de 38 € e inclúe transporte en autocar, viaxe en catamarán polo río Sil, almorzo en restaurante, paseo en bus turístico, visita a unha adega da zona e guía. A saída realizarase ás 8:30 horas desde a Casa do Concello. Os interesados deben anotarse o xoves 22 de setembro na Oficina de Turismo de Panxón (de 9:00 a 13:00 horas). As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.