A Garda Civil imparte un curso de primeiros auxilios aos efectivos da Policía Local de Baiona

A Garda Civil impartiu un curso de primeiros auxilios aos efectivos da Policía Local de Baiona. A actividade docente levouse a cabo a pasada semana no Multiusos Ángel Bedriñana á que tamén asistiron traballadores doutros departamentos municipais. O curso foi impartido por un grupo de Gardas Civís instrutores en primeiros auxilios da Comandancia de Pontevedra, coa supervisión dun médico da UCI do Hospital Álvaro Cunqueiro. Durante as dúas xornadas impartíronse clases teórico-prácticas sobre a resucitación cardiopulmonar e a utilización do desfibrilador, con prácticas de reanimación RCP e técnicas en soporte vital básico con bonecos de simulación.