Afaga organiza actividades polo Día Mundial do Alzheimer en Mos, Nigrán, Vigo, Tui e O Porriño

O 21 de setembro é o Día Mundial do Alzheimer e con tal motivo AFAGA Alzheimer organiza unha serie de actividades ás que invita a participar a toda a poboación có obxectivo obxectivo de concienciar acerca desta enfermidade e lembrar o xeito en que aumenta a prevalencia na poboación mundial cada ano.

Andaina polo día Mundial do Alzheimer

  • Saída ás 10:00 am desde o Pazo de Mos polo río Louro. Necesaria inscripción previa chamando ó 986229797.

Charlas informativas

  • Pazo de Mos: 17 setembro a las 12h. “Demencia no día a día”. Poñentes: Suso Andrea Reyes, Terapeuta ocupacional e Alba López Lanciego, Psicóloga sanitaria de AFAGA Alzheimer.
  • Auditorio de Nigrán: 19 setembro ás 18h. “Alzheimer e outras demencias, qué son e factores de prevención”. Poñente: Ángela Estévez Dopazo. Psicóloga de AFAGA.
  • Museo MARCO Vigo: 20 de setembro ás 19h. “Alzheimer e outras demencias: respostas ante novas realidades”. Poñente: Mª José Moreno, xefa de neuroloxía do CHUVI.
  • Área Panorámica Tui: 21 setembro ás 18:30h. – “Alzheimer e outras demencias, qué son e factores de prevención” Poñente: Beatriz Rodríguez Álvarez. Psicóloga de AFAGA.

VII Gala benéfica “non te esquezas de rir”

  • Un ano máis, Afaga Alzheimer organiza a Gala “Non te esquezas de rir” para lembrarnos a todos e a todas a importancia de ver a cara máis amable da vida librando endorfinas a través da risa.
  • Pasaremos unha velada de gargalladas con: Danny Boy-Rivera, Arantxa Treus, Jazmín Abuín y Denny Horror, grandes artistas de gran corazón que quixeron solidarizarse con motivo do Dia Mundial do Alzheimer 2022.
  • Acompañádenos este 18 de setembro ás 19:00 no auditorio do teatro Afundación. Non te esquezas de traer o teu mellor sorriso!
  • Entradas dispoñibles na sede de AFAGA e en Ataquilla.com

Mesas informativas

Afaga organiza mesas informativas en distintos puntos da comarca dirixidas á poboación xeral para responder dúbidas sobre o alzheimer, síntomas da enfermidade, coidados para as persoas con alzheimer, etc.

  • Nigrán: 19 setembro de 17-19h, enfronte do Auditorio.
  • O Porriño: 20 de setembro de 10-13h., na Praza do Concello.
  • Vigo: 20 de setembro de 17-20h., diante do Museo Marco / 21 de setembro de 10-13h., diante do mercado do Calvario e en AFAGA.
  • Tui: 21 setembro de 17-19h. na Área Panorámica de Tui.