A XXII Marcha Cicloturista de Gondomar reúne a un centenar de corredores

Un centenar de corredores participaron este domingo na XXII Marcha Cicloturista Concello de Gondomar, organizada polo Club Ciclista Gondomar e apadriñada nesta edición por Andrea Iglesias, Ricky Buba, Gustavo Rodríguez e Aida García. Gustavo Veloso finalmente non puido asistir.

Pasadas as 9:30 da mañá o pelotón partía desde a rúa Eduardo Iglesias, fronte ao Concello de Gondomar, para completar un percorrido de máis de 100 km, pasando por Baiona, Oia, A Guarda, O Rosal, Tomiño, Alto de Tebra, San Antoniño, Tui, Monte Aloia, Morgadáns e Couso, finalizando de novo na Praza Paradela.

Unha vez finalizada a proba os participantes puideron gozar duns petiscos. Para pechar a xornada, a tenente de alcalde de Gondomar e concelleira de Deportes, Nuria Lameiro, o concelleiro de Parques, Xardíns e Espazos Públicos, Jose Luis Alonso, a concelleira de Educación, Araceli Regueiro, e o presidente do Club Ciclista Gondomar, Jose Antonio Alonso, foron os encargados de facer a entrega de trofeos aos corredores premiados nesta XXII edición.

Trofeos 3 primeiros en chegar do tramo libre Tebra-Monte Aloia na Categoría Masculina:

  1. Juan Luis López de Guereñu (Máster da Louriña)
  2. Nuno Miguel Sampaio (CC Olívivo)
  3. Jorge Mera (Chinquena RT)

Trofeos 3 primeiros en chegar do tramo libre Tebra-Monte Aloia na Categoría Feminina:

  1. Bryony Izzard (Ciclismo Oiense)
  2. Mariña González (Illas Cíes Cycling Team)
  3. Natalia Lorenzo (Club Tríatlon Compostela)

Trofeo ao club máis numeroso:

  • Illas Cíes Cycling Team

Trofeo ao club máis afastado:

  • Máster da Louriña (O Porriño)

Trofeo ao ciclista masculino de maior idade:

  • Álvaro Lagoa (Bike ou non Vai)

Trofeo ao ciclista masculino de menor idade:

  • David Maquieira (Máster da Louriña)

Trofeo á ciclista feminina de maior idade:

  • Ángeles Segura (CCF La Amatista)

Trofeo á ciclista feminina de menor idade:

  • Bryony Izzard (Ciclismo Oiense)

El pase de diapositivas requiere JavaScript.