Xornada de eliminación de eucaliptos en Couso

A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Couso organiza este sábado, día 10 de setembro, unha xornada de eliminación de eucaliptos. O punto de encontro será a pista de futbito das Vacarias (preto da zona de baño de Piqueiras) ás 10:00 horas. É preciso levar calzado para o monte, luvas e unha machada. Os e as participantes que queiran poderán participar no proxecto de economía social “A Sabia”.