Nigrán concede 43.118€ en axudas para as asociacións do municipio

O Goberno de Nigrán vén de conceder 43.118€ de subvencións para as diferentes entidades do municipio (culturais, veciñais, festeiras ou deportivas), as beneficiarias tiñan que estar inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Nigrán.

“O noso compromiso é de máxima colaboración con tódolos colectivos do municipio, que son os grandes promotores das actividades lúdicas, culturais, deportivas ou festeiras, por iso imos continuar con esta liña de axudas”, explica o alcalde, Juan González, quen encomia o seu “traballo desinteresado na promoción de todos estes aspectos que fan comunidade e que xeran un Nigrán máis amable para as persoas”.

As subvencións a entidades deportivas ascenderon a 23.052€ e repartidas en 16 clubs e valoráronse a duración, antigüidade da mesma, número de persoas beneficiarias e, novamente, que sexa un deporte tradicional galego, coma é o caso dos bolos celta. En canto a actividades culturais concedéronse 11,356€ a 7 entidades e a fomento do asociacionismo concedéronse axudas por 8.710€ a 11 entidades.