
A parroquia gondomareña de Borreiros celebra esta fin de semana as festas na honra da Virxe da Luz. A programación comezará o xoves 8 de setembro cunha Misa Solemne seguida de procesión. O venres día 9 haberá sesión DJ con Yogui, Veri Well, Omega Discomóvil e DJ Kani. O sábado día 10 ás 12:00 do mediodía celebrarase de novo Misa Solemne con posterior procesión, acompañada polo Grupo de Gaitas “Cores do Sobreiro”, que ofrecerá unha actuación ao finalizar. Ás 17:00 horas terán lugar as tradicionais “poxas” e pola noite, o dúo Rumbo Norte e a orquestra Ciudad de Vigo amenizarán a verbena.