Continúa aberto o prazo da matrícula da Escola Municipal de Música de Baiona

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Escola de Música Municipal de Baiona.

A Concellería de Cultura do Concello de Baiona informa de que ata o 23 de setembro o alumnado interesado en facer a matrícula da Escola Municipal de Música para o curso 2022/2023 poderán facelo en horario de 9:00 a 14:00 horas. A matriculación levarase a cabo no propio centro situado na rúa Alférez Barreiro nº20-21, onde as persoas interesadas terán acceso aos impresos correspondentes.

Os nenos de 4 a 6 anos poderán matricularse na materia de música e movemento. Esta disciplina é a ideal para os máis pequenos xa que aprenden de forma dinámica e lúdica os coñecementos que os preparan para as clases musicais adultas. Traballan a psicomotricidade, realizan coreografías…

A partir dos 6 anos, son moitos os instrumentos que poderán escoller, entre os que se atopan: frauta traveseira, gaita, clarinete, saxofón, trompeta, trompa, trombón, tuba, percusión, piano, guitarra, violín, viola, canto… ademais este próximo curso a Escola ofrece Batucada, Banda e Coro… Para máis información poden poñerse en contacto a través do teléfono 986356081.