
O Concello de Nigrán a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM) desenvolverá o Programa FORMA-T destinado prioritariamente a mulleres empadroadas en situación de desemprego. O programa inclúe as seguintes accións formativas:
- Xestión de almacén e manexo de carretilla elevadora con 138:00 horas de duración. Inclúe prácticas non laborais en empresas do sector. Data de inicio: 19/09/22.
- Mobilización e cambios posturais de persoas dependentes con 20 horas de duración. Data de inicio: 26/09/22.
- Necesidades educativas especiais a través do ocio con 25 horas de duración. Data de inicio: 03/10/22.
- Administración electrónica con 15 horas de duración. Data de inicio: 04/10/22.
- Iniciación á informática con 20 horas de duración. Data de inicio: 17/10/22.
Destinado a mulleres empadroadas no Concello de Nigrán, terán preferencia as mulleres en situación de desemprego. O prazo de inscrición comeza hoxe, día 1 de setembro, e rematará 10 días antes do inicio de cada un dos cursos. As mulleres interesadas deberán presentar o formulario de inscrición no Rexistro Xeral do Concello ou a través da sede electrónica, acompañada da documentación pertinente. Para máis información poden dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres no teléfono 986383081 ou no correo electrónico cim@nigran.org.