Gondomar instala mesas de xadrez nos parques da vila

O Concello de Gondomar vén de instalar seis mesas con bancos de pedra en distintos parques da vila habilitados para a práctica do xadrez. Cada mesa conta cun taboleiro regulamentario que permitirá nun futuro a organización de campionatos oficiais.

Ademais cada unha destas mesas está dedicada a un campión internacional deste deporte, tanto de categoría masculina como feminina, que a través dun código QR que direcciona aos interesados á páxina de Wikipedia do campión ou campioa, segundo sexa o caso.

A instalación destas mesas con taboleiros de xadrez é unha continuidade ao apoio que dende o Concello levan anos facendo cara a este deporte, que ten múltiples beneficios para as persoas de calquera idade, e que forma parte das escolas deportivas municipais.