Un ciclista resultou ferido este sábado na rotonda da Ramallosa, en Nigrán. O accidente produciuse ao redor das 9:20 da mañá cando un turismo conducido por un turista de Barcelona impactou co ciclista no interior da glorieta. O ferido, un home de 54 anos veciño de Vigo que responde as iniciais J.A.O.L., foi trasladado nunha ambulancia asistencial ao Hospital Álvaro Cunqueiro, con contusións, orientado e consciente.
Ferido un ciclista tras ser arroiado por un turismo na Ramallosa

