9 traballadores contratados a través do Plan Concellos rematan os seus contratos en Gondomar

Desde a última semana do pasado mes de marzo, 9 traballadoras e traballadores desenvolveron a súa actividade profesional no Concello de Gondomar. Estes contratos financiados a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra cun importe total de 105.568,26 euros permitiron ao Concello dispoñer durante un período de 6 meses de 6 peóns de obra pública, 1 auxiliar administrativa, 1 condutor e 1 técnico de turismo.

Próxima á finalización dos seus contratos o Alcalde Paco Ferreira quixo agradecer o traballo feito por estes profesionais. “Queremos agradecer a súa gran labor durante estes meses, e desexarlles moita sorte no futuro, e dicirlles que sempre terán as portas do noso Concello abertas”. O alcalde quixo tamén agradecer a posta en marcha desta acción por parte da Deputación de Pontevedra xa que “este tipo de axudas para os concellos medianos e pequenos serve para mellorar a nosa operatividade e a nosa xestión”.