
Esta pasada fin de semana celebrouse en Zamora o Campionato de España de Maratón. A baionesa Iria Ludeña e a súa compañeira, a tudense Irea Alonso, quedaron subcampioas de España na súa categoría. As deportistas do Club Kayak Tudense foron segundas en Cadete Feminino K2, nunha distancia de 11’800 metros, cunha marca de 56:14.90. Emily Fernández Docherty e Aida Fonseca Jover, do Club Fluvial de Lugo, foron as campioas (55:57.63), mentres que Paula López Mieres e Sara Pidal Barreñada, do Club Piraguas Villaviciosa-El Gaitero, completaron o podio en terceira posición (56:47.41). A particularidade desta modalidade do piragüismo é que hai que padexar e correr, a parte de carreira denomínase “porteo”.