Podemos Nigrán presenta unha guía para paliar os efectos da seca “ante a inacción das administracións”

Desde Podemos Nigrán contemplan con gran preocupación a posibilidade dunha situación de seca extrema nos vindeiros meses e a falta de implicación das administracións. Como consecuencia disto elaboraron unha batería de propostas para paliar os efectos da seca, que presentarán por rexistro o vindeiro luns coa intención de que o Goberno Local tómea en consideración.

“Agradecemos a intervención do Concello de Vigo cedendo a totalidade da captación de auga do encoro de Zamáns aos Concellos de Nigrán e Baiona, aínda que consideramos que esta actuación é un simple parche que só garantirá un mes máis de abastecemento de auga á cidadanía”, opinan desde o Círculo de Nigrán.

Na guía de medidas que presentan inclúen iniciativas tales como: poñer en marcha medidas estruturais menores para obter recursos de auga temporais, a partir de encoros inactivos ou mortos, ou de recursos subterráneos; proporcionar fondos para proxectos de reciclaxe de augas; avaliar os escenarios dos peores casos de seca, como base de posibles accións futuras, etc. Subliñan a necesidade de implantar estas e outras medidas coa máxima urxencia, co fin de que o impacto negativo na cidadanía e no medio ambiente sexa o menor.

GUIA DE MEDIDAS PARA PALIAR OS EFECTOS DA SECA:
https://n9.cl/nqn3h