Sin categoría

Head Soccer, campións do XIX Torneo de Pas Praia de Baiona

Baiona celebrou este sábado na praia da Ribeira unha nova edición do xa tradicional Torneo de Pas Praia 2×2, organizado pola Concellería de Deportes. A competición comezou ás 10:00 da mañá, xogándose os partidos clasificatorios, e xa pola tarde, os cadros eliminatorios, coas semifinais e a gran final. O torneo, que cumpriu a súa XIX edición, foi un éxito de participación, con 40 equipos inscritos, máis de 100 deportistas e un notable número de seguidores ao longo de todo o día.

Divididos en 8 grupos de 5 parellas, clasificáronse para a fase final do torneo os dous mellores de cada grupo, mentres que para o cadro de consolación pasaron os terceiros e cuartos. Os últimos de cada grupo quedaron eliminados. O XIX Torneo de Pas Praia desenvolveuse en tres pistas instaladas no areal, co único propósito de divertirse e realizar actividade física. Ademais, todos os participantes recibiron bocadillo e bebida como de costume para gozar dun día de praia.

Ao finalizar a competición, o alcalde de Baiona, Carlos Gómez, e a concelleira de Deportes, Miriam Costas, foron os encargados de entregar os agasallos e trofeos conmemorativos ás parellas participantes nesta edición.

O cadro de vencedores nesta XIX edición foi o seguinte:

CADRO FINAL

  • Campións – Head Soccer
  • Subcampións – Vigo Bao
  • Semifinalistas – Os Resesos
  • Semifinalistas – Paciencia

CADRO DE CONSOLACIÓN

  • Campións – Presidentes
  • Subcampións – Santos
  • Semifinalistas – Mito y Yudi
  • Semifinalistas – Pet House

El pase de diapositivas requiere JavaScript.