Diego Camesella e David Pintos, do club Peitieiros, campións de España de bolos celta por parellas

Durante a fin de semana celebráronse nos campos de bolos de Camos os Campionatos de España de bolo celta por parellas en primeira e segunda categoría. Os resultados finais foron os seguintes:

Primeira categoría:

  • Campioa de España a parella do club de bolos Peitieiros de Gondomar, formada por Diego Camesella e David Pintos.
  • Subcampioa, a parella de bolos de San Cibrán formada por José M. Torres e Roberto Paz.
  • Terceira clasificada a do club de bolos Estivada formada por Manuel e Vicente Mo.
  • Cuarta a do club de bolos Sobreiro de Gondomar, composta por Diego Pérez e Abraham Rodríguez.

En segunda categoría:

  • Campións de España, Óscar Martínez e Daniel Álvarez do club de bolos Baredo.
  • Subcampións, Ismael Fernández e Adrián Álvarez do club de bolos San Cibrán.
  • Terceiros, Noe Álvarez e Javier González de Villayon, Asturias.
  • Cuartos, Santos Prado e Salvador Prado do club de bolos Gondomar.

A próxima fin de semana en Tineo, Asturias, celebraranse os Campionatos de España de cadetes e xuvenís.