Nigrán replanta as árbores de Porto do Molle despois de que o temporal “Ana” as tombase

O Concello de Nigrán iniciou hoxe o replantado de árbores en Porto do Molle despois de que o temporal “Ana” da pasada fin de semana tombase a gran maioría sen causarlles ningún outro dano, debido á cantidade de auga acumulada nos alcorques non se puideron replantar antes.

O Concello investiu 19.724 euros na reposición do arboledo das principais beiravías do parque empresarial de Porto do Molle xa que, os antes existentes (falsos pimenteiros) se atopaban en moi mal estado ou directamente non se conservaban, polo que o goberno local considerou preciso repoñelos. En total, o Concello plantou 125 unidades de liquidambar styraciflua de 4 metros de altura coa garantía de que, de non enraizar algún elemento, a empresa subministradora o substituirá por outro igual sen conste algún.

2017-12-15 - IMG_6527