Triunfo para a baionesa Iria Ludeña no II Descenso Internacional Ourense Cidade Termal

Triunfo para Iria Ludeña no II Descenso Internacional Ourense Cidade Termal. Sobre unha distancia de 7’5 km, a baionesa do Kayak Tudense alzouse co primeiro posto na categoría K1, cunha marca de 01:04:09,03. Candela Esteban Sánchez-Puga, do Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre, foi segunda (01:05:45,16), e Nerea Martínez Fernández, do Club Naval de Pontevedra, terceira (01:06:35,38). A proba con saída no embarcadoiro de Alongos (Toén) e chegada fronte o Balneario de Laias, contou coa presenza de palistas de tres países e unha participación de 250 palistas en 200 embarcacións e 25 clubs en total.