Extinguido un incendio forestal en Parada

Ás 14:53 horas deste venres declarouse un incendio forestal en Nandín, na parroquia nigranesa de Parada. O lume deuse por extinguido ás 17:17 horas e segundo informaron desde a Consellería do Medio Rural afectou a unha superficie de 500 metros cadrados de monte arborizado e 800 metros cadrados de monte raso. Na súa extinción participaron 1 axente, 3 brigadas, 2 motobombas e 1 helicóptero.