O 12 e 13 de agosto tivo lugar no Parque da Palma a XXV Edición do Torneo de Basket 3×3 Vila de Baiona, organizado polo Club Baloncesto Baiona e a Concellería de Deportes de Baiona. Con máis de 250 participantes creouse un gran ambiente e gozouse de dúas xornadas intensas e bonitas de baloncesto, onde conviviron xogadores desde os 9 anos ata máis de 40.
Desde o Club Baloncesto Baiona queren agradecer a colaboración do Concello de Baiona e dos patrocinadores La Caixa, Villa Rosa, La Pepita, Coca-cola, Agua Sana, Panadería Yajoma, Lareva e Fuikaomar, así como dos voluntarios do CB Baiona que sen a súa axuda non sería posible realizar unha nova edición deste torneo.
“Grazas por seguir ampliando a familia do Baloncesto en Baiona e esperámosvos en próximas edicións para continuar gozando do mellor baloncesto”, conclúen.
Clasificación categoría SUB12:
- Xoán Xardín
- Nada Five Team
- Basketbolistas Forever
- Big Four
Clasificación categoría Veteranos:
- Discoteca Rouge
- Quase Cuarentones
- The Moster Club
Clasificación Categoría Especial:
- Lakers Baiona
- Bulls Baiona
Clasificación categoría SUB16:
- Cab Helen Chufe
- Los Pelirrosas
- Lucus Team
- OGT
Clasificación categoría Adultos Masculino:
- Kenny Bell
- La Palma Power
- Los Ángeles de Charlie

