O club Estivada de Baiona proclámase subcampión de España de bolo celta

FOTO: FEDERACIÓN GALEGA DE BOLOS // Bolos Estivada de Baiona.

Esta fin de semana celebráronse en Asturias os Campionatos de España de bolo celta por equipos de primeira e segunda categoría. Participaron un total de 16 equipos das comunidades de Asturias, Galicia e Madrid. Os resultados finais foron os seguintes:

En primeira categoría:

  • Campión de España: L’Acabose de Tineo-Asturias.
  • Subcampión: Bahinas B de Tineo-Asturias.
  • Terceiro clasificado: La Panera de Cangas del Narcea-Asturias.
  • Cuarto clasificado: Bolos Xove (Lugo).

En segunda categoría:

  • Campión de España: Compastur de Tineo-Asturias.
  • Subcampión: Bolos Estivada de Baiona-Galicia.
  • Terceiro clasificado: Bolos Peitieiros de Gondomar
  • Cuarto clasificado: Bolos Rega de Baiona.

Os próximos Campionatos de España de parellas de primeira e segunda categoría celebraranse en Camos-Nigrán os próximos días 27 e 28 de agosto.

FOTO: FEDERACIÓN GALEGA DE BOLOS // Bolos Peitieiros de Gondomar.
FOTO: FEDERACIÓN GALEGA DE BOLOS // Bolos Rega de Baiona.