Afectados 600 metros cadrados de monte por un incendio en San Pedro da Ramallosa

Ás 11:30 horas deste luns declarouse un incendio forestal na parroquia nigranesa de San Pedro da Ramallosa. O lume deuse por extinguido ás 13:55 horas e segundo informaron desde a Consellería do Medio Rural afectou a unha superficie de 600 metros cadrados de monte arborizado. Na súa extinción participaron 2 axentes, 3 brigadas, 3 motobombas e 1 helicóptero.