Nigrán abre este domingo o parking público da Ramallosa con motivo do “Flota como Poidas” e “Portobelo”

O Concello de Nigrán abre este domingo 14 de agosto de 11:00 a 23:00 horas e de xeito excepcional o parking municipal da Ramallosa con motivo da celebración do “Flota como Poidas” e a feira de oportunidades de Ovalmi “Portobelo”. O estacionamento gratuíto, situado na rúa Argonautas (a carón da Piscina Mancomunada) ten un horario de luns a sábado de 8:00 a 22:00 horas. O consistorio asumiu desde o 5 de xaneiro a súa xestión directa tras conseguir remunicipalizar esta infraestrutura que antes dirixía a concesionaria “Estacionamientos Valle Miñor, S.L.”, empresa liquidada e disolta no 2019.