Morgadáns celebra as festas de San Roque

A parroquia gondomareña de Morgadáns celebra do 15 ao 17 de agosto as festas na honra de San Roque. O luns 15 a partir das 22:30 horas actuará DJ Sombrero.

O martes día 16 ás 9:00 da mañá haberá unha Misa na capela. Ás 13:00 horas celebrarase a Solemne seguida de procesión acompañada pola Banda de Música Unión Musical do Val Miñor. Ás 18:00 horas actuarán os mariachis Noche de Ronda, e pola noite, desde as 22:00 horas, a verbena estará amenizada polo grupo Ritmo e o trío Tic Tac.

O mércores 17 a programación comezará ás 10:00 da mañá co tradicional percorrido pola parroquia do Grupo de Gaitas “A Merced” de Chaín. Ás 17:30 horas celebraranse as tradicionais cucañas, e pola noite, a verbena correrá a cargo do grupo venezolano revelación Los Coleguitas, e finalizará coa actuación de DJ Kani.

A Parranda de San Pedro non faltará á cita

A Parranda de San Pedro partirá o martes ás 9:00 da mañá desde A Ramallosa acompañada todo o camiño por unha charanga con destino á Capela de San Roque, onde se prevé a súa chegada ás 11:30, tras o encontro coa banda de música no centro de Gondomar. Todos os que completen a camiñada levando a camiseta oficial da parranda poderán repoñer forzas cun anaco de empanada.