Baiona acolle a IV Feira Apícola do Val Miñor

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Medio Rural, e A.G.A. (Asociación Galega de Apicultura), a través da súa Delegación Rias Baixas, organizan a IV Feira Apícola do Val Miñor que contará coa colaboración dos concellos de Nigrán e Gondomar.

A feira celebrarase o sábado 13 e domingo 14 de 10:00 a 22:00 horas no Paseo da Praia Ribeira no concello de Baiona, con postos de venda de mel da zona producida por apicultores locais.

Para o domingo ás 12:00 horas no Multiusos Ángel Bedriñana terá lugar a presentación do libro “Reprodución apícola”, escrito por Marcos Varela, e unha charla sobre a cría de raíñas.