Atropela a un ciclista en Nigrán e dáse á fuga

FOTO: KIKE BEIRO // Lugar do accidente.

Un ciclista resultou ferido despois de ser alcanzado por unha motocicleta o martes, ás 21:15 horas, en Nigrán, na rotonda de Bernardo Vázquez coa Estrada pola Vía, en Panxón, requirindo a presencia dos servizos sanitarios, da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local. Segundo a información facilitada ao 112 polos equipos de intervención que acudiron ao lugar, o condutor da motocicleta continuou a marcha. O fillo do ferido explicou que a motocicleta golpeou a roda traseira da bicicleta tirando ao ciclista. Ao parecer, o motorista fixo o amago de parar pero finalmente deuse á fuga “deixándoo ferido no chan no medio da estrada”. “Pedimos colaboración por se alguén puido ver a moto axudarnos a identificalo”.