Unha vintena de participantes nas tradicionais cucañas marítimas de Baiona

Este domingo celebrouse o concurso de cucañas marítimas que tradicionalmente veñen celebrando na Festa da Anunciada desde o pasado século XX, organizadas anualmente pola Concellería de Cultura de Baiona no porto pesqueiro, e que este ano contaron cunha vintena de participantes.

O tradicional concurso das cucañas marítimas consiste en deslizarse por un pau previamente engraxado e coller a bandeira que se atopa cravada ao final do mesmo no caso da bandeira especial e 50 cm antes do final, no caso da bandeira normal, establecéndose como premio 10 euros por bandeira normal e 20 por bandeira especial.

Considérase que o concursante colleu a bandeira cando ao caerse á auga sostén a bandeira na súa man e a mostra ao xurado.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.